A mascota desta edición, 2013, da Volta a Hespaña de Ciclismo, faleceu onte mércores en Vilanova de Arousa, lugar onde comeza a Volta a España ao caer desplomado no medio da rúa.
O mexilón, de tan só meses de vida, afastouse da auga e da xente coa que estaba e foi atopado aos poucos minutos tirado no medio dunha rúa colindante. A pesar dos intentos por reanimarlle, o ciclista chegou ao hospital veterinario sen vida, segundo informan o servizo de prensa da Volta a Hespaña.
As causas da morte aínda están por esclarecer, mais a policía baralla dúas hipóteses, a primeira delas sería debido ao consumo masivo de substancias dopantes, como EPO e clembuterol manipulado. A segunda hipótese falaría dunha morte por afogamento do mexilón por pasar demasiado tempo aberto fóra da auga, o que provocaría a morte de Mexi-llón
A morte de Mexi-llón provocou unha onda de pésame tanto entre os afeccionados á Volta, como nos equipos participantes desta.
Personalidades como Perico Delgado, Miguel Induráin, Lance Amstrong , así como outros corredores como Contador, Valverde, Froome expresaron o seu pesar polo falecemento da mascota, un mexilón moi querido polo seu carisma tamén mostrado fóra da pista.
Nas últimas horas Mexi-llón estivo envolto nunha dura polémica ao filtrarse aos medios uns vídeos nos que se podía diferenciar á mascota nun lamentábel estado de embriaguez mentres profesaba gritos de que “La Vuelta a España volte a España” polo que polo de agora a policía non pode descartar o móbil do asasinato, aínda que consideran que non é a hipótese principal.