Lanzan un manifesto a favor da división da esquerda

O manifesto asinado de xeito simbólico por 100 persoas pretende abrir o debate sobre a presentación de candidaturas ás xerais de calquera xeito. “O cambio político en Galicia e no Estado non é posible”. É unha das ideas das que parte o manifesto do Encontro Cidadán para ir por separado, o colectivo que dende mediados do…

Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda

O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os…

Pedro Sánchez trabúcase e di que é de esquerda

O lídero do PSOE volve a trabucarse publicamente despois de votar a favor da reforma do aborto presentada polo Partido Popular. Non está a ser unha boa semana para Pedro Sánchez, se onte remataba o día trabucándose na votación do Congreso sobre a reforma do aborto presentada polo PP e na que o líder dos…