Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles. Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca … Seguir lendo
Tag Archives: abanca
Feijoo: ‘¿Está el Banco de España? Que se ponga’
Revelamos a chamada integra que Feijoo fixo ao Banco de España para chivarse das cúpulas das caixas galega. Feijoo: ¿Es el Banco de España? Banco de España: Si Feijoo: Que se ponga Banco de España: Pero si ya le dije si… Feijoo: ¡¡Que se ponga inmediatamente!!! ¡Usted no sabe quién soy yo! Banco de España: … Seguir lendo
Escotet non se fía de Abanca e leva os seus cartos para Suiza
O vicepresidente de Abanca e presidente do Grupo Banesco decide mover os seus cartos ao país helvético en busca de tranquilidade. Juan Carlos Escotet figura na famosa lista Falciani, iso é o que se deixa entrever da última nota de prensa enviada polo ex traballador do banco suizo HSBC. Entre os clientes da entidade financeira … Seguir lendo
Abanca imporá comisións en todos os seus atracos
A asociación consumidores e usuarias galegas, ACOUGA, advertiu do risco “evidente” que supón esta medida, xa que a entidade bancaria asume a posibilidade de ser atracada e impón un gravame a estes actos. Nun comunicado, ACOUGA advertiu do perigo existente de que a banca realice baremos de taxas en relación coa gravidade dos feitos, desde o … Seguir lendo
Paco Vázquez propón que ABANCA pase a chamarse LABANCA
Así o anunciaba a pasada noite nunha coñecida tertulia televisiva. O exalcalde da Coruña, defendía en riguroso directo “o dereito a falar e que á xente lle falen como Dios manda”, repetindo así o que foi para el unha loita histórica na cidade herculina, que todo o mundo lle chamara polo seu nome orixinal, La Coruña. … Seguir lendo
Substitúen o ERE por unha loita de gladiadores entre os empregados de NGB e Etcheverría
Logo de que a Comisión Europea dera “luz verde” ó proxecto revisado de reestruturación de NCGB, aprobouse en xunta extraordinaria convocar a case 4.000 empregados de NCGB e Banco Etcheverría para asistir a unha reunión no Coliseum da Coruña hoxe sábado 21 de xuño. A nota da convocatoria de reunión non especificaba o contido da … Seguir lendo