Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles. Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca…
Etiqueta: abanca
Feijoo: ‘¿Está el Banco de España? Que se ponga’
Revelamos a chamada integra que Feijoo fixo ao Banco de España para chivarse das cúpulas das caixas galega. Feijoo: ¿Es el Banco de España? Banco de España: Si Feijoo: Que se ponga Banco de España: Pero si ya le dije si… Feijoo: ¡¡Que se ponga inmediatamente!!! ¡Usted no sabe quién soy yo! Banco de España:…
Escotet non se fía de Abanca e leva os seus cartos para Suiza
O vicepresidente de Abanca e presidente do Grupo Banesco decide mover os seus cartos ao país helvético en busca de tranquilidade. Juan Carlos Escotet figura na famosa lista Falciani, iso é o que se deixa entrever da última nota de prensa enviada polo ex traballador do banco suizo HSBC. Entre os clientes da entidade financeira…
Abanca imporá comisións en todos os seus atracos
A asociación consumidores e usuarias galegas, ACOUGA, advertiu do risco “evidente” que supón esta medida, xa que a entidade bancaria asume a posibilidade de ser atracada e impón un gravame a estes actos. Nun comunicado, ACOUGA advertiu do perigo existente de que a banca realice baremos de taxas en relación coa gravidade dos feitos, desde o…
Paco Vázquez propón que ABANCA pase a chamarse LABANCA
Así o anunciaba a pasada noite nunha coñecida tertulia televisiva. O exalcalde da Coruña, defendía en riguroso directo “o dereito a falar e que á xente lle falen como Dios manda”, repetindo así o que foi para el unha loita histórica na cidade herculina, que todo o mundo lle chamara polo seu nome orixinal, La Coruña….
Substitúen o ERE por unha loita de gladiadores entre os empregados de NGB e Etcheverría
Logo de que a Comisión Europea dera “luz verde” ó proxecto revisado de reestruturación de NCGB, aprobouse en xunta extraordinaria convocar a case 4.000 empregados de NCGB e Banco Etcheverría para asistir a unha reunión no Coliseum da Coruña hoxe sábado 21 de xuño. A nota da convocatoria de reunión non especificaba o contido da…
