Camariñas logra o Guiness World Record de Tetris

Un novo record Guiness logrado no noso país. O pasado 23 de abril de 2014 Xosefa Rodríguez, nada en Camariñas no 1944, lograba o record mundial de encaixe por excelencia. Nunha partida case perfecta, Xosefa conseguín unha puntuación de 9,999,999(máxima permitida polo videoxogo) e un total de 4,990 liñas completadas durante 13 horas interrumpidas de…

Un novo filme pornográfico ambientarase na Torre de Hércules

A torre de Hércules, símbolo fálico por antonomasia convértese en protagonista dun novo filme pornográfico galego. Un portal de internet para adultos colgou recentemente un fotomontaxe realizado coas capturas do vídeo onde se poden ver varias imaxes de sexo explícito entre dúas mulleres e un home preto do famoso faro. A película, titulada “A torre…

I+D+i: A pandeireta de coiro de cacique

Vimos de comprobar que nos últimos anos unha industria estase a converter en referente galego do sector manufactureiro. Non é outro que a industria pandeireteira. A gran calidade do coiro de cacique curado, durante anos de ínfimos traballos nas administracións públicas fan que as pandeiretas galegas se convertan nun obxeto moi cotizado tanto dentro do…

Atopan un asentamento de enchufados nos sotos da Deputación de Ourense

Un grupo de arqueólogos acaba de facer un descubrimento antropolóxico novedoso nos sotos da Deputación de Ourense. Trátase dun asentamento de enchufados que vivían alí dende tempos ignotos. A comunidade científica está abraiada porque non tiveron contacto humano e as súas costumes aínda non están contaminadas polos resortes da transición. A equipa científica esfórzase por…