Abel Caballero rescata 1 a 1 aos 316 feridos no derrubamento de O Marisquiño


O alcalde de Vigo personouse rapidamente no lugar da traxedia para axudar aos servizos de emerxencia.

Caballero non falla, unha vez máis o alcalde da cidade olívica apareceu no lugar onde se concentraban os focos. Desta volta para, coas súas mans, sacar de un en un a todas as persoas feridas e seputadas por unha parte do peirao que se derrubou durante a celebración dun dos concertos de O Marisquiño.

Abel Caballero, que tras enterarse do acontecido, baixou de xeito espectacular coa súa bicicleta polo casco vello de Vigo emocionou aos presentes ao salvar a centos de persoas na noite do domingo.

Nestes momentos especúlase coa posibilidade de que sexa o propio alcalde quen esté a coidar aos propios feridos no hospital Álvaro Cunqueiro, aínda que polo de agora non foi confirmado polo complexo hospitalario.

2 Comments Add yours

  1. Antonio's avatar Antonio di:

    Non todo vale para tentar facer humor!

  2. Descoñecido's avatar Anónimo di:

    Pois a min fíxome graza.

Deixa unha resposta a Antonio Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.