Ao gilipollas non se lle ocorreu outra cousa que pintar un gato na cara a unha estatua de pedra do pórtico das paterías da catedral de Santiago de Compostela.
A mañá do luns unha estatua da catedral de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade, amaneceu cunha pintada dun gato na cara á semellanza da maquillaxe do grupo Kiss.
Aínda non trascenderon datos do atentado patrimonial pero o perfil que estaría a manexar a policía sería dun ser con menos intelixencia ca un gato que lle permitiría, a duras penas, manter as funcións fisiolóxicas e que non lle permitiría sequera manter o pulso facendo liñas.
Pola súa banda, tatuadores de Santiago de Compostela xa se prestaron voluntarios para facerlle unha tatuaxe na cara e de balde ao vándalo coa mesma imaxe que pintou na escultura da catedral.