Sospéitase que o que se pensaba que era un parágrafo en chino dunha obra de Paulo Coelho sexa, en realidade, un texto sobre o Fondo de compensación interterritorial.
O escándalo sobre a suplantación do título de máster de Cristina Cifuentes e o cambio de notas para obtelo pode non ser o único escándalo que afecte á presidenta da comunidade de Madrid.
Segundo fontes próximas ao seu gabinete preocupa agora que os grupos da oposición comecen a investigar as tatuaxes da presidenta. Segundo explicaron preocúpalles moito un que fala das ‘Transferencias de un Fondo de Compensación interterritorial y otras asignaciones con cargo a los Presupuestos Generales del Estado’ que eles sempre pensaron que era unha das frases de autoaxuda de Paulo Coelho e non lle deran máis importancia.
Dende a oposición xa están a poñer mans no asunto para investigar se a presidenta ‘se marcó un Prison Break’ nos seus estudos.
Reaccións de Ciudadanos
O grupo político que sustenta no poder a Cristina Cifuentes indicou que estaba a estudar se o sentido da redacción do pacto de investidura para saber se ‘la separación de cualquier cargo público que haya falsificado o engañado en relación a su currículum o cualificación profesional o académica’ indica que debe dimitir quen falsificara un título. ‘No está muy claro, es un poco ambiguo’, declararon fontes do partido laranxa.
Pingback: … Pero dimiten las morenas – Tribuna Liberal