Ciencia

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha


A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías.

Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking e eses buracos pequechos formados a partir de fluctuacións na orixe do universo”. “É un sofisma que se basea nunha non posíbel demostración xa que non podemos ver a formación do universo e Hawking, ademais, de listillo formulou a conxetura de protección da cronoloxía que indica que non podería haber viaxes no tempo. Para que? Para que non poidamos ir comprobar a súa teoría”, engadiu.

Nese momento, segundo o atestado da garda civil, outro cliente exclamou “Silverio, cala a puta boca que non tes nin puta idea! O Stephen era un puxo xefe que completou a teoría da relatividade mediante a formulación dos buracos negros formados a partir de estrelas colapsadas. Como predeciu Einstein, animal”.

O envite foi replicado polo cliente aludido “Josito, non te metas no que non sabes. Os efectos cuánticos do fenómeno que conecta as teorías do grande e do moi pequeno coas leis de Einstein serven para describir o universo pero soamente a grandes escalas. Hawking tentou unificar as dúas teorías pero non puido resolvelas. Non mo defendas tanto que non che era un grande como o Alberto ou Plank”.

“Plank era un comemerda que non se enteraba de nada”, espetou, momento no que o resto dos clientes comezaron a tomar partido na discusión que foi indo a máis chegando a baleirar os servilleteiros do bar e asaltar a barra para coller bolígrafos e demostrar con ecuacións que tiñan razón.

Nese momento personouse unha patrulla da guardia civil. O cabo tratou de zanxar a discusión dicindo que “la única constante cosmológica en la que yo creo es España y Dios. España es una unidad de destino en lo universal y existe desde siempre. Ni microagujeros negros ni hostias. Lo primero del universo fue Dios, despues España, Altamira y el diluvio universal”.

Nese momento recrudeceuse a discusión e foron detidos os 30 clientes do establecemento por tumulto, rebelión, aos que se lle engadirán o delicto de odio e secesión tras exclamar “bueno, carallo, bueno” despois do discurso do cabo da garda civil.

17 thoughts on “Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

  1. Pois na Taberna do Peiluco téñense feitos muitos coloquios sobre o tema e nunca houbo liorta ningunha.

  2. ….¡¡¡ El Fútbol….. ¿ R ? ……. Las liortas SIEMPRE vienen por el Fútbol… !!!
    Punto. Se acabó. No le den mas vueltas.

  3. Eu fun o detido número 13, acábanme de pagar a fianza os do PP cos últimos fondos reservados para pensións. Non volvo a discutir estando cheo coma un can. !! Que resaca teño ainda, Carallo!!

  4. Qué conocimientos los del cabo!!!, se nota la formación en física teórica a su paso por el cuartel de guardias jóvenes de Valdemoro. Como reconocimiento les subiremos el sueldo (+700 € al mes) a todos los guardias.
    Niños: si queréis triunfar en la vida, ya sabéis …

  5. Pois boto en falta o papel de Manolo, o dono, que Ben poderia moderar a discusion, separando as teorías más que se refieren e os aportes do Stephen, entre cunca e cunca, que é como se fan as teorias

Deixa unha resposta a Xurxo Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.