Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha


A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías.

Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking e eses buracos pequechos formados a partir de fluctuacións na orixe do universo”. “É un sofisma que se basea nunha non posíbel demostración xa que non podemos ver a formación do universo e Hawking, ademais, de listillo formulou a conxetura de protección da cronoloxía que indica que non podería haber viaxes no tempo. Para que? Para que non poidamos ir comprobar a súa teoría”, engadiu.

Nese momento, segundo o atestado da garda civil, outro cliente exclamou “Silverio, cala a puta boca que non tes nin puta idea! O Stephen era un puxo xefe que completou a teoría da relatividade mediante a formulación dos buracos negros formados a partir de estrelas colapsadas. Como predeciu Einstein, animal”.

O envite foi replicado polo cliente aludido “Josito, non te metas no que non sabes. Os efectos cuánticos do fenómeno que conecta as teorías do grande e do moi pequeno coas leis de Einstein serven para describir o universo pero soamente a grandes escalas. Hawking tentou unificar as dúas teorías pero non puido resolvelas. Non mo defendas tanto que non che era un grande como o Alberto ou Plank”.

“Plank era un comemerda que non se enteraba de nada”, espetou, momento no que o resto dos clientes comezaron a tomar partido na discusión que foi indo a máis chegando a baleirar os servilleteiros do bar e asaltar a barra para coller bolígrafos e demostrar con ecuacións que tiñan razón.

Nese momento personouse unha patrulla da guardia civil. O cabo tratou de zanxar a discusión dicindo que “la única constante cosmológica en la que yo creo es España y Dios. España es una unidad de destino en lo universal y existe desde siempre. Ni microagujeros negros ni hostias. Lo primero del universo fue Dios, despues España, Altamira y el diluvio universal”.

Nese momento recrudeceuse a discusión e foron detidos os 30 clientes do establecemento por tumulto, rebelión, aos que se lle engadirán o delicto de odio e secesión tras exclamar “bueno, carallo, bueno” despois do discurso do cabo da garda civil.

17 Comments Add yours

  1. roman's avatar roman di:

    Humor y cultura , peligrosa combinacion

  2. Xavier Perdiz's avatar Xavier Perdiz di:

    O comentario dun galegofalante dicindo “…que baséase” en vez de “…que se basea” xa indica claramente que a nova é imposible, que é un bulo inventado por urbanitas.


    https://polldaddy.com/js/rating/rating.js

      1. Vaciar –> baleirar
        Descurso –> discurso


        https://polldaddy.com/js/rating/rating.js

    1. Descoñecido's avatar Anónimo di:

      Como xa sabedes dende que me adico ao estudo da Programación Neurolingüistica PNL son quen de identificar aqueles que empregan un coñecemento profundo da Cuántica e da TXR simplemente ollando pra eles.
      Deixademe un intre que estou pensando.

  3. Moncho de Xoios's avatar Moncho de Xoios di:

    Isto foi onte no na Taberna do Peiluco. Dou fe delo!!!

  4. Eliseo Pita's avatar Eliseo Pita di:

    Pois na Taberna do Peiluco téñense feitos muitos coloquios sobre o tema e nunca houbo liorta ningunha.

  5. camilo's avatar camilo di:

    ….¡¡¡ El Fútbol….. ¿ R ? ……. Las liortas SIEMPRE vienen por el Fútbol… !!!
    Punto. Se acabó. No le den mas vueltas.

  6. Xurxo's avatar Xurxo di:

    O cabo da guarda civil conozoio eu ! De pequeño era o maíz burro da escola e nunca tuvo moitA ansia por ilustrarse


    https://polldaddy.com/js/rating/rating.js

  7. Ana's avatar Ana di:

    Nin idea de que na Laracha chegaran a esos niveis,cada día asombrome mais dos meus compatriotas….!!!

  8. Descoñecido's avatar Eu di:

    Eu fun o detido número 13, acábanme de pagar a fianza os do PP cos últimos fondos reservados para pensións. Non volvo a discutir estando cheo coma un can. !! Que resaca teño ainda, Carallo!!

  9. P.S.'s avatar P.S. di:

    Qué conocimientos los del cabo!!!, se nota la formación en física teórica a su paso por el cuartel de guardias jóvenes de Valdemoro. Como reconocimiento les subiremos el sueldo (+700 € al mes) a todos los guardias.
    Niños: si queréis triunfar en la vida, ya sabéis …

  10. Santiago's avatar Santiago di:

    Pois boto en falta o papel de Manolo, o dono, que Ben poderia moderar a discusion, separando as teorías más que se refieren e os aportes do Stephen, entre cunca e cunca, que é como se fan as teorias

  11. Descoñecido's avatar Nome di:

    Vaia cagada de humor, Xa o di todo do humorista 🤦‍♂️

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.