A banda tamén tiña ameazado con cantar con retranca sobre El-Rei. Unha perigosa banda de rap galega foi desarticulada no día de onte nun operativo da audiencia nacional que conseguiu evitar que miles de persoas puideran escoitar cancións sobre o narcotráfico e algunhas das persoas investigadas na operación Nécora. “¿Desde cuando el rap canta sobre … Seguir lendo
Tag Archives: cara
Un cargo do PP ingresado tras pisar o seu propio morro e caer de fociños
Segundo informaron os servizos de urxencias que se achegaron ao lugar do accidente as lesións non revisten gravidade pois aterrou coa cara. Un cargo do Partido Popular foi ingresado no día de onte despois de pisar o seu propio morro e provocar que tropezara e fose de fuciños contra o chan. Os servizos de urxencia que … Seguir lendo
Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura
A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas. O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio. … Seguir lendo
O bigote de Aznar medra cara adentro
Esta foi a afirmación categórica que se da desde a Clínica RUBER, onde desde a pasada noite o expresidente do goberno permanece ingresado. En rolda de prensa o equipo médico encargado do que no seu momento fora un dos bigotes máis valorados, explicaron que se atopan ante unha das chamadas enfermidades raras, sendo un dos … Seguir lendo