Política

Os mossos rexistran o coche de Albiol en busca de Puigdemont


No maletero do vehículo ran so atoparon sobres e cartos.

O presidente do PP de Catalunya, Xavier García Albiol, presenciou espantado como os Mossos d’Esquadra rexistraban este martes pola mañá o coche no que acudía ao Parlament de Catalunya. O motivo deste rexistro non era outro que buscar a Carles Puigdemont, dentro do operativo marcado para evitar nomealo presidente.

García Albiol asegurou aos medios de comunicación que alí se atopaban que os policías autonómicos deron de malas maneiras o alto ao ver que se trataba da súa persoa, e mentres lle falaban en catalán, a pesar de que el o facía en español revisaron canda recoveco do seu vehículo. Tras comprobar que alí tan so se atopaba Andrea Levy, os axentes permitiron ao deputado proseguir, non sen antes devolverlle ao líder popular un maletín con sobres, que segundo comentou eran para mandar cartas, así como outro maletín con billetes, que serían para “mercar máis sobres”.

Xavier García Albiol calificou o acontecido de descortés e adoctrinador, fundamentalmente polo feito de que os Mossos utilizasen o catalán como idioma vehicular do seu cometido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.