Sociedade

Un cura dalle unha hostia á infanta Leonor


O cura que non se confesa republicano di que actuou correctamente.

O sacerdote procedeu a darlle unha hostia a infanta Leonor que a encaixou sen protestar e ante a mirada dos seus pais que non reprobaron a actitude do crego. Incluso , segundo se puido comprobar, procederon a convidar á familia e autoridades varias a presenciar a primeira hostia que papou a infanta.

A familia real momentos antes de que a infanta papara a hostia

Fontes próximas á casa real indicaron que a infanta xa chegara á idade de que lle deran a primeira hostia e que os seus pais aprobaran que a recibira para que se fora acostumando ao mundo real.

Pola súa banda, fontes da conferencia episcopal indicaro que aos nenos hai que darlles a primeira hostia novos para que non se aparten del camino del señor xa que senón se lles dá unha hostia a tempo “se hacen jevis o adoradores del diablo o comunistas que es peor o las tres cosas”, indicaron. “O góticas como las hijas de Zapatero”, engadiron.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.