Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento. Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira. O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba … Seguir lendo
Tag Archives: atopan
Localizan un dos gatos que mexa a Mahou
Un veciño de Ribeira localizou o pasado luns un dos gatos que, segundo el, é dos que mexa a Mahou. Segundo relatou Manoel S.G., autor do descubrimento, foi recoller un gato que se atopaba abandoado na rúa e que parecía que tiña fame e foille levar algo de leite para que comera. “O condenado do ghato … Seguir lendo
Atopan un podemita que fala galego
Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co … Seguir lendo