Entre os puntos da orde do día estarán modificar a orde do día para decidir se se decide unha nova orde do día diferente da xa decidida.

EnMarea segue dando pasos para constituírse nun partido político que se asente no territorio galego, máis non parece estar sendo doado desde o seu esencialismo participativo, preferentemente esgrimido polas candidatruas cidadanistas da Marea Atlántica e Ourense en Común.
Neste bucle decisorio se atopa agora mesmo o partido liderado por Luís Villares que terá que decidir o vindeiro domingo se decide decidir algo na xuntanza da súa dirección, ou se ben, tal e como sucedeu na pasada xuntanza no mes de febreiro decidir que non se decida nada.
Por outra banda tamén se atopa enriba da mesa se Villares será o voceiro da formación, ou se pola contra será preciso decidir se se decide decidir un voceiro distinto do voceiro que a simpatizancia de EnMarea decidiu ter no Parlamento de Galiza.
