Abren un buffet libre vegano nun prado da Fonsagrada


O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran.

vegano-comendo-herba-pradoJosito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”, comenta. Así foi como Josito comezou a madurar a idea de abrir un negocio de restauración.

Preguntámoslle pola súa experiencia nos restaurantes veganos dinos que “De novo fun camareiro no bar do pobo e din que o licor de herbas o servía moi ben”.

Ao contrario do tipo de restaurantes veganos que se abren nas grandes cidades Josito aposta pola comida rápida e
polo self-service. “O noso vai ser un buffet libre deses de come todo o que queiras por 6 euros. Queremos ser o McDonals do veganismo”, comenta con ilusión.

O buffet que leva aberto dúas semanas na Rebolada, na parroquia de Corvelle na Pastoriza, goza dun éxito notable. Os veciños do pobo non dan creto e plantexan abandonar a tradicional gandería da zona para dedicarse á restauración. A señora Rosa pode ser a próxima en seguir os pasos de Josito, “Agora a xente non come, pace. Pois aquí temos herba abondo!”, exclama

clientes-veganos-prado-2clientes-veganos-prado-1

5 Comments Add yours

  1. Louxedo's avatar Louxedo di:

    A ver ho, aclarádevos. É na Fonsagrada ou na Pastoriza? Eu quería ir e non vexo claro cara a onde coller, aínda hei acabar na Ribeira de Piquín que queda a medio camiño.

  2. xavitru's avatar xavitru di:

    Bo proveito co prato do día.

  3. Descoñecido's avatar Anónimo di:

    non sei ata que grado chega a jelipollada destes tip@s

  4. Descoñecido's avatar Antonio di:

    Iso, xa o estaba a dicir Franco nunha viaxe a Galicia en tempo de María Castaña. Pasou por diante de un pedichón morto de fame, e, parando o coche, dille: ” Pero, home, ca cantidade de herba que tes naquel prado, e ti morrendo de fame. ¡¡¡ Hai que espabilar !!!

  5. Antonio's avatar Antonio di:

    Iso, xa o estaba a dicir Franco en tempos de María Castaña, Ante un pedichón farrapento, mandou parar o seu coche, e dille: ” Peo home, coa cantidade de herba que tes naqueles prados, e ti, morto de fame ¡ Hai que espabilar….!

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.