Telepizza ficha a Pedro Sánchez como asesor


A Comisión de Nomeamentos de Telepizza nomeou ao exsecreatrio xeral do PSOE, Pedro Sánchez, como conselleiro asesor de Telepizza para España. 

425618173_141165_17492515827700036116Pedro Sánchez, o ate hai pouco candidato á presidencia do Estado por parte do PSOE, cambia o seu escano no Congreso dos deputados, por unha silla no Consello de Administración da firma pizzeira, Telepizza.

As portas xiratorias non tardaron moito en xirar co exlíder socialista, e éque unha vez forzado a dimitir pola dirección federal do seu partido, non foron poucas as ofertas que lle chegaron para formar parte de Consellos de Administración de diferentes empresas no territorio español e en países do estranxeiro.

Épico chío de Pedro Sánchez.
Épico chío de Pedro Sánchez.

Malia todo, a decisión non pareceu ser  complicada para Pedro Sánchez, quen como é ben sabido é un erudito das pizzas, e as súas recomendacións en twitter chegaron a ser virais a niveis nunca antes pensado para un crítico gastronómico.

Desde Telepizza afirman que contar coa presenza de Sánchez entre os seus será un punto de inflexión de cara a ampliar tanto os seus nichos de mercado como para dirimir novas estratexias comerciais así como novas receitas e ingredientes para as súas pizzas.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.