A aplicación da LFP espía usuarios para saber se botan un casquete se gaña o seu equipo
Deportes

A aplicación da LFP espía usuarios para saber se botan un casquete se gaña o seu equipo

Na Coruña fodeuse pouco este ano. Onte coñeceuse que a aplicación de Android da Liga de Fútbol Profesional emprega o micrófono do teléfono dos usuarios para comprobar se están a piratear un partido. Informáticos ata as trancas de ritalín conseguiron descubrir que a mesma aplicación tamén espían os usuarios para coñecer os hábitos sexuais despois … Seguir lendo

O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe
Tecnoloxía

O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe

O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e … Seguir lendo

Descobren un Samsung Galaxy S5 que soña con ovellas eléctricas
Tecnoloxía

Descobren un Samsung Galaxy S5 que soña con ovellas eléctricas

 Un equipo de investigadores canadenses acaban de confirmar o achádego dun Samsung Galaxy S5 que estaba a soñar con ovellas eléctricas durante o seu proceso de carga Segundo transcendeu do paper que acaban de publicar en Science o novo dispositivo da empresa coreana está a superar os test de Turing de intelixencia artificial o que, … Seguir lendo