Porntube emitirá os procesos selectivos da Deputación de Ourense


O coñecido portal de videos para adultos acaba de asinar un contrato en exclusiva para dispoñer dos videos dos procesos selectivos da Deputación de Ourense.

O convenio de colaboración implicará o uso da tecnoloxía do coñecido portal para a emisión por streaming das probas prácticas das oposicións. Segundo transcendeu dita emisión farase a través do apartado de transparencia da web da Deputación de Ourense.

Segundo transcendeu aos medios, ambas partes beneficiaranse do acordo. Deste xeito o portal de videos pornográficos disporía da emisión en exclusiva das probas mentres que a Diputación emitiría en directo en en streaming as probas en primicia. Para monetarizar o custo do servizo o ente provincial ten previsto dar de alta un número 806 e un servizo de SMS premium así como unha liña de taxas públicas a través do servizo de recadación do ente provincial no que se poderá facer unha subscrición completa ao estilo Netflix.

deputacion ourense porntube

 

One Comment Add yours

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.