Louzán importará o modelo de xestión FIFA á Federación Galega de Fútbol


O expresidente da Deputación de Pontevedra e acutal presidente da Federación Galgea de Fútbol ve no modelo da FIFA un exemplo de xestión.

Louzán posando cun cartaz da FIFA.
Louzán posando cun cartaz da FIFA.

Rafael Louzán explicaba hoxe aos medios de comunicación a súa intención de voltear o modelo de xestión actual do ente fubolístico galego para levalo a un punto superior, baseado na xestión da propia FIFA. O barón do PP aseguraba que co actual xeito de funcionar a Federación non permitía ningún tipo de trámite e contrato que favoreza os intereses dos seus camaradas.

Expoñendo a súa experiencia na xestión provincial, Louzán asegurou que hai modelos nos que basearse, mesmo dentro do PP, para levar a cabo unha xestión eficaz e eficiente. Louzán aproveitou tamén para agradecer ao seu amigo e compañeiro de partido, Alberto Nuñez Feijóo, a súa elección para o cargo.

O expresidente pontevedrés está convencido de que conseguirá facer coa Federación de Fútbol o que o PP fixo coa xestión do país, convertila nun exemplo de transparencia.

Para diferentes medios de comunicación especializados os paralelismos entre os sobornos da FIFA e os sobres do PP fan que Louzán sexa o candidato perfecto para levar acabo a presidencia da Federación.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.