O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades


O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido

papeleta ABEL CABALLERO
Papeleta do PSOE en Vigo onde se escenifica a unidade do partido

Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados por Abel Caballero.

A equipa de campaña do PSOE na cidade olívica apunta que “Ya no hay división interna. Las pugnas ideológicas han pasado de moda y estamos más cohesionados que nunca”.

En informacións filtradas a este medio tamén apuntaba a posibilidade de cambiar o logo da papeleta e pasar a substituír a tradicional rosa no puño por unha foto de Abel Caballero. Aínda non está pechado o cambio de logo xa que no comité de campaña manexan dúbidas de se poderían confundilos con Podemos ou pensar que son bolivarianos. “Nosotros no somos bolivarianos, si acaso caballerianos”, engaden.

 

 

One Comment Add yours

  1. o que tinhan que facer era deijarse de kar-al-lhadas e escomezar travalhar pola independencia da GZ

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.