A alcaldesa de Madrid volveu polemizar co matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O director da Axencia Tributaria, Santiago Menéndez, compareceu onte no Congreso dos Deputados e negouse a dar os datos da amnistía fiscal e anunciou que non ía dar os nomes dos que se acolleron a amnistía fiscal a pesar de que ‘dispone de todos los datos’ ao que engadiu que ‘son la repera patatera’.
A oposición xa amosou a súa indignación por todas as medidas que dispuxo o PP para evitar dar os datos pero a eles uniuse unha voz coa que ninguén contaba: Ana Botella que, dando unha mostra de total descoñecemento e confianza á vez, declarou que ‘Una pera no es una manzana y, por lo tanto, tampoco una pera es una patata por lo que una pera y una patata no pueden dar reperas patateras’ ao que engadiu ‘matrimonio homosexual caca’.
O goberno non quixo facer declaracións ao respecto das palabras do director da Axencia Tributaria se púidoselles escoitar a colaboradores próximos ao Partido Popular a frase ‘Uff! Menos mal que no dijo que los datos eran peperas rateras’.
Como?, pero si se casan unha pera e unha patata si pode sair un director da axencia tributaria, ou un alcornoque que e o mesmo.