Mercedes Alaya investigará se o PSOE aplicou un ERE ao PP nas eleccións andaluzas


O PP baixa 17 escanos no parlamento andaluz e a xuíz investigará se se trata dun ERE do PSOE

mercedes alayaAnte o descalabro do PP nas elección andaluzas Mercedes Alaya, a xuíza que leva o caso dos EREs da Junta de Andalucía, investigará se durante o proceso electoral houbo ERES ilegais.

Así, abrirá unha nova liña de investigación para averigüar se o Psoe puido aplicar un ERE ilegal sobre os deputados do Partido Popular.

Valoracións dos resultados

O comité de campaña do PP descarta valorar a baixada de escanos. Os voceiros da campaña comentaron que “Somos la primera fuerza en crecimiento negativo. Nunca nadie creció tanto hacia abajo como nosotros”.

O PP galego tamén valorou os resultados andaluces e dende fontes da executiva galega din que “Si Feijoo hubiera estado en campaña las 24 horas del día y todos los días de campaña el PP andaluz hubiese sacado más de 100 escaños pero claro, no todos tienen un lider carismático como Alberto”.

Pola súa banda a TVG informará mañá que Feijoo xamáis estivo en Andalucía.

 

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.