O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid.
Así parafraseando aos rockeiros galegos Medomedá, Artur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a exercer contra a Generalitat non buscan máis que publicitar e facer proselitismo do executivo central nun duro momento para o Partido Popular, envolto en procesos xudiciais por corrupción ao longo de todo o estado.
A Fiscalía Xeral do Estado presentou este venres a querela contra o presidente da Generalitat, pola suposta comisión de delitos de desobediencia grave, prevaricación, malversación e usurpación de funcións no proceso participativo do 9-N. O rexistro do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña recibiu a denuncia, asinada polo Fiscal Superior, José María Romeu de Tejada, ás 12.20. O fiscal xefe catalán tivo que presentar a denuncia por orde do fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, a pesar da súa negativa (xunto aos outros oito fiscais que compoñen a xunta en Cataluña) a acusar ao presidente da Generalitat, Artur Mas.O aspecto común das condenas para o catro delitos é que levan penas de inhabilitación.
Mas referiuse a España como un matón de pouca monta que quere facer uso da diferencia de tamaño entre España e Cataluña para amedrentar, asustar e evitar a futura sedición do País Catalán. O president aproveitou para, utilizando de novo verbas do grupo Medomedá para dirixirse a Rajoy: “Per a tu entendre a mi, jo explicar a tu, a poc a poc, tots tenir un cervell, per poder usar, dins de crani. Tu ser la baula perduda de l’evolució.” E rematando coa frase “Espanya va de guai i no arriba a chachi”.
Aquí podedes escoitar a canción dos Medomedá á que Artur Mas fixo mención:
