O pasado 20 de outubro a Consellaría de Facenda presentou os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2015 e, para facerse os modernos, presentáronnos nun pendrive. A noticia saltou ao saberse que o dito pendrive tiña forma de supositorio.

O feito non é a primeira vez que acontece na Xunta na Galicia pois xa no ano 2009, cando era Conselleira a actual Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, Marta Fernández Currás, o executivo galego fixo unha presentación similar cando foron entregadas as contas no Parlamento Galego. No fotografía pódese ver a Pilar Rijo, presidenta do Parlamento, con cara de circunstancias ao recibir o pendrive cos orzamentos mentres a ex-conselleira non pode evitar esbozar un sorriso.
A oposición xa fixo a súa cualificación das contas galegas. “Poden metelas polo cu”, declarou Xosé Manuel Beiras, voceiro de Alternativa Galega de Esqueda, á saída do Parlamento.
A forma de presentación foi criticada incluso dende bancadas próximas ás posicións populares. Así, dende a Asociación de Mulleres Opusianas califican esta presentación como “Algo inadmisible desde el punto de vista cristiano. Es una clara alegoría sexual, no sabemos en lo que estaba pensando Alberto”.

