Política

O bloque crítico de Podemos decide acampar no Palacio de Vistalegre e négase a abandoar a asemblea fundacional


Militantes de Podemos do sector crítico e liderados por Pablo Echenique deciden acampar no lugar da asemblea ao grito de “No nos representan!”.

Unha vez rematada a asemblea fundacional do partido de Pablo Iglesias, e ante a falta de entendemento entre as distintas faccións do partido, a corrente crítica que lideran os eurodeputados Pablo Echenique, Teresa Rodríguez e Lola Sánchez, decidiu tomar o Palacio de Vistalegre organizando unha acampada espontánea mentres profesaban gritos de “Que no, que no, que no nos representan!” e pedindo “democracia interna real xa”.

Críticos apupan a Pablo Echenique, Teresa Rodríguez e Lola Sánchez.

Críticos apupan a Pablo Echenique, Teresa Rodríguez e Lola Sánchez.

Os conflitos orixinados meses atrás debido ás diferentes visións organizativas de uns e outros viñan marcadas polas continuas disputas no seo da formación, incluso chegando a ameazar Pablo Iglesias con abandoar o partido en caso de que non gañara a súa opción, que fundamentalmente se baseaba en que mandaba el e os seus e ninguén máis, excluíndo así a rama de Izquierda Anticapitalista ou a críticos como Echenique.

Preguntado ao fin da asemblea por esta acampada espontánea, Pablo Iglesias prefería non facer comentarios e limitouse a dicir que Juan Carlos Monedero estará en disposición de dar explicación mañá no programa de televisión, Las Mañanas de Cuatro.

Echenique pola súa banda enxplicaba os medios de comunicación alí congregados que levantada a acampada manteranse en debate permanente ate que Iglesias reconsidere a súa posición ou ben envíen aos antidisturbios a sacalos de alí. “Que vengan si quieren a besar mi brillante silla metálica!”

Os críticos de Podemos seguen discutindo na asemblea con algunhas tendas de campaña xa ao fondo.

Os críticos de Podemos seguen discutindo na asemblea con algunhas tendas de campaña xa ao fondo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.