Nas últimas semanas veñen de sucederse duras criticas entre pataqueiros limiaos e coristancos a raíz da calidade dos seus vernáculos.

A calidade das patacas así como o intento de monopolizar o mercado do país estána levar as vilas de Xinzo de Limia e Coristanco a unha batalla dialéctica sen precedentes. As ameazas incluso de bloqueos e boicots redundan ente comunicados e notas de prensa.
Este duro enfentamento que se ven dando nas últimas semanas, tivo o seu punto crítico durante este pasado fin de semana, cando desde a XXXIV Festa da Pataca en Coristanco se ameazaba as patacas da Limia con ataques biolóxicos, así como co inicio dunha ofensiva terrestre con exércitos de escarabellos.
Desde a Limia impávidos ante as circunstancias afirman non coñecer está tipoloxía de pataca e que non sucumbiran a presións foráneas por controlar un mercado, o pataqueiro, no que son líderes desde tempos inmemoriables.
Expertos na materia dan en chamar a estes sucesos a Guerra da Pataca Fría, e consideran que unha das partes terá que ceder para que ambas poidan convivir en Galiza.
Polo de agora nesta peculiar guerra, Coristanco parece levar a dianteira, cando menos na batalla espacial, coa construción do Transbordador Xermolo 1, co que intentarán chegar a Estación Espacial Internacional(ISS polas súas siglas en inglés) e levar os seus productos aos astronautas alí aloxados.


Isto ten pouca gracia. Nonguén sabe ni onde carallo queda Coristanco, nin que tivesen patacas 😛