Sociedade

Alarma porque Juan Carlos de Borbón anda por aí todo desaforado


Ante a alarma cidadá o goberno emendará unha lei para evitar o perigo que supón que o exmonarca ande desaforado pola rúa

Juan Carlos de Borbón marcándose un Moonwalk

Juan Carlos de Borbón marcándose un Moonwalk

Hai moita xente alarmada porque, desde que Juan Carlos I de Borbón deixou de ser rei ao abdicar no seu fillo Felipe, ten moito tempo libre e, segundo se comenta na capital do reino, anda pola cidade madrileña todo desaforado.

Moitos xa sospeitaron que isto podía acontecer após da cea de despedida que celebrou o pasado martes onde rebosou a nostalxia e a exaltación da amizade.

Outras persoas tamén temen polos elefantes e polas princesas alemás pero as fontes gobernamentais consultadas están tranquilas xa que confían nas palabras do antigo Rei e se remiten as súas desculpas de aquén entón.

Ante as preguntas dos xornalistas sobre se no goberno estaban preocupados porque El-Rei andivera desaforado, o portavoz aclarou que van arraxan esta situación en breve e que non lles preocupa a situación do Borbón e que, por iso, non van presentar una nova lei orgánica que dilataría varios meses o proceso, senón que van aproveitar a meter unha emenda a “una ley cualquiera de esas que andan en tramitación” e así, como xa está nas cortes, acurtarase o prazo a uns 15 días.

Segundo informaron, a lei que utilizarán, non será a do aborto.

Juan Carlos de Borbón facendo flexións cunha soa man

Juan Carlos de Borbón facendo flexións cunha soa man

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.