Sociedade

Na súa cea de despedida, o rei pediu unha coronita


Na noite do martes o rei celebrou unha despedida de reinado xunto con trinta cargos políticos no restaurante “Currito”

cea despedida borbonNa súa última noite como, Juan Carlos de Borbón, xuntouse con Felipe González, Alfonso Guerra, Carlos Solchaga, José Luis Corcuera, José Barrionuevo, Miguel Roca, Soledad Becerril ou Rafael Arias-Salgado entre outros.

Segundo transcendeu foi o exministro Corcuera quen organizou a cea. Segundo puidemos saber chegou ao restaurante dando unha patada na porta e esixindo unha reserva.

A cea foi distendida e incluso se contaron chistes. O máis aplaudido foi o de Barrionuevo que comentou que “Esta todavía no es una cena imaginaria, aún es real”. Segundo comentan fontes internas os presentes botaron rindo máis de 30 minutos. Cando aínda se estaban calmando as gargalladas Corcuera deulle os parabéns coa frase “Barrionuevo siempre fue muy GALcioso” o que provocou que máis dun asistente se atrangatara coa risa.

Por último, segundo comentaron fontes internas, o rei decidiu facer un último brindis e para realizalo pediu unha “coronita”, a famosa cervexa mexicana.

 

One thought on “Na súa cea de despedida, o rei pediu unha coronita

  1. Pingback: Alarma porque Juan Carlos de Borbón anda por aí todo desaforado | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.