Denuncian que o “PP busca identificar a Arias Cañete con Papá Pitufo” para darlle unha imaxe de “sabio, afable e responsábel da que carece o candidato do PP”
As coñecidas personaxes de banda deseñada creadas polo debuxante Peyo mandaron onte unha nota de prensa desvinculándose do PP e de Arias Cañete. A nota de prensa indica que “nin o Partido Popular nin o seu candidato, Miguel Arias Cañete, teñen nada que ver coa súa especie”. Amosan o seu malestar polo cartaz electoral e anuncian accións legais xa que “o PP busca identificar a Arias Cañete con Papá Pitufo” para darlle unha imaxe de “sabio, afable e responsábel da que carece o candidato do PP”.
O malestar é tan profundo que na nota aos medios indican que “o PP estanos a pitufar o carallo coa súa propaganda” ao que engadiron “que se vaian a pitufar polo cú eles e os seus adláteres”.
Adhesións desde Pandora
Habitantes do planeta onde se rodou o filme Avatar enviaron tamén un comunicado desmentindo que Arias Cañete sexa da súa raza. Uníronse explicitamente ao comunicado emitido polos pitufos do que dixeron que “subscriben palabra por palabra”.