
Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras
Así o veñen de anunciar o coordinador de Anova, Martiño Noriega e a propia candidata ao Parlamento Europea, Lidia Senra.
A piques de comezar a campaña electoral, que terá o seu fin o domingo día 25 de maio, o comunicado de prensa feito público por Anova e firmado por Rubén Pérez(EU), Martiño Noriega(Anova) e a propia Lidia Senra, explican os por qués da súa intención de dar un cambio de cor no cabelo da candidata.
“Sabemos que a loita será dura, e temos que facer todo o posíbel para conseguir vencer tanto ao Partido Popular como ao PSOE, deste xeito Alternativa Galega de Esquerda en Europa, decidiu no seu Comité electoral que o pelo da candidata, Lidia Senra Rodríguez, debe ser negro”.
No comunicado explícanse algunhas das causas que finalmente levaron a AGEE a tomar esta decisión. “Consideramos que debemos ser catalizador do voto do estrato xuvenil da poboación o cal corre o risco de perderse na abstención, polo que unha imaxe de Lidia, renovada, na cal semelle máis nova, acercaranos a ese rango de idade”.
Por outra banda, tamén se afirma que a búsqueda do contraste entre os cabelos de Lidia e Beiras (Negro-Branco) favorecerá a estética dos mitins centrais, nos que ambos participaría. Finalmente barállase o cambio de look en canto a prendas de vestir, deixando algo de lado a estética labrega e buscando un toque intermedio, incluso acercándose ao sector pesqueiro/costeiro, onde existen un gran número de votos.
Pingback: Lidia Senra tinguirá de negro o seu pelo para a campaña europea