Ikea esíxelle a Jesús Vázquez que deixe de utilizar as súas rollas de cociña como bufandas


A multinacional sueca solicitou formalmente ao Conselleiro de Cultura e Educación que deixara de utilizar a súa liña textil de cociña como complementos de moda.

O anuncio foi realizado mediante unha escueta nota de prensa que emitiu a empresa e na que simplemente se informaba de que lle fixeran chegar un burofax ao conselleiro para que deixara de utilizar os seus panos de cociña como complementos de moda cando acude a actos oficiais.

Pola súa banda Jesús Vázquez declinou facer declaracións ao respecto e amosouse estrañado polo sucedido. ‘As relacións da Xunta con Ikea son excelentes’. ‘Houbo conversas incluso para fabricar floteles modulares’, engadiu.

 

One Comment Add yours

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.