Recentes estudos da Universidade de Santiago de Compostela confirman que o desmesurado tamaño do nariz do presidente de Xunta de Galiza ten unha relación directa co número de mentiras que este verte aos medios de comunicación.

Feijoo no momento de ser preguntado polo crecemento do seu nariz
Doutores e catedráticos da USC en colaboración coa universidade de Massachusetts veñen de publicar un artigo no cal se confirma o mito de Pinocchio, un rapaz feito de madeira por un carpinteiro italiano que ao mentir lle medraba o nariz. Deste xeito e mediante as máis novidosas técnicas de ensaio por computadora, comprobaron o crecemento porcentual do nariz de Alberto Nuñez Feijoo ao largo das roldas de prensa que deu nos últimos 5 anos.
O nariz do narcopresidente galego tería crecido en torno aos 5mm nos últimos dous anos, apreciandose un incremento considerable durante as semanas nas que as súas fotografías co narcotraficante Marcial Dorado saían á luz na prensa de todo o estado. Do mesmo xeito, afirman os reputados cientificos, “os coqueteos do presidente coa cocaína faría que ao tempo que a súa nariz medra en volume non así en densidade, posto que a droga estaría pouco a pouco destruíndo fibras de carne no interior da seu aparato olfativo”.
Preguntado polo achado, Feijoo, na rolda de prensa posterior á xunta de Portavoces do Parlamento Galego, confirmaba cambios no seu metabolismo, pero que para nada se debía a mentiras ou calumnias que el proferise senón a efectos ópticos fruto da evolución paulatina dos obxetivos das cámaras de televisión e fotográficas. “Eu sempre tiven este nariz, e senón que o pregunten en Andorra”.
Desde a Universidade de Santiago de Compostela afirman que, unha vez cotexados os datos obtidos con narices doutro presidentess e políticos estarán en disposición de comezar cunha nova investigación que levará por título “Efectos da neve nas fosas nasais ao largo dos anos”, na que centrarán os seus esforzos nos casos de drogadicción de diversos famosos e políticos do Estado español, como Belén Esteban, Pipi Estrada ou o propio Feijoo.