Jácome candidato ao Nobel de Química polos cálculos electorais no Concello de Ourense


Jacome
Pérez Jácome non sabe se se leva unha nos cálculos electorais

Segundo informan as axencias internacionais o edil ourensán recibiu hoxe pola tarde a nominación ao Nobel de Química.

Todo comezou cos cálculos electorais que Jácome realizou nun programa de televisión na cadea da súa propiedade. Os cálculos espertaron a curiosidade de destacadas celebridades das matemáticas e da física. Nun primeiro momento pensouse que a nominación viría no campo da física pero, segundo fontes da academia sueca, a exposición da que fixo gala o líder de Democracia Ourensana (DO) é propia do consumo dalgunha substancia que aínda está por determinar pero que podería ter unhas propiedades psicotrópicas infinitas. Hai científicos que apuntan ao descubrimento dun novo elemento químico dada a potencia dos efectos amosados.

Interese da HBO

O canal americano de televisión por cable xa está interesado en proseguir coa trama de Breaking Bad incluíndo unha personaxe baseada en Pérez Jácome que lle fará a competencia a Walter White cun novo produto moito máis potente que a meta azul.

2 Comments Add yours

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.