Agustín Hernández rescata un home do río e vólveo guindar

O ex conselleiro e dirixente do PP en Santiago rescatou un home que caera ao Sar, sácase unha foto con el, e vólveo tirar ao río. Os feitos aconteceron durante a sesión de running matinal do concelleiro do Partido Popular en Santiago polas beiras do Sar. O ex conselleiro que corría acompañado dun fotógrafo de…

Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume

O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que…

Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero

Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero.  A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se…