CCOO consegue mellorar o convenio colectivo da Monarquía

O duro traballo de CCOO nas negociacións coa patronal permite unha subida “necesaria” segundo os monarcas. A Monarquía española aumentará a partir do vindeiro ano á súas percepcións salariais nun 1.5%, polo que o actual rei pasará a percibir preto dos 250.000€ euros anuais, un salario “case digno” segundo fontes da Casa Real. En cambio…

Porntube emitirá os procesos selectivos da Deputación de Ourense

O coñecido portal de videos para adultos acaba de asinar un contrato en exclusiva para dispoñer dos videos dos procesos selectivos da Deputación de Ourense. O convenio de colaboración implicará o uso da tecnoloxía do coñecido portal para a emisión por streaming das probas prácticas das oposicións. Segundo transcendeu dita emisión farase a través do apartado…

Albaneis heavys adhírense ao convenio do metal

Así vén de confirmalo CIG Metal. A dous albaneis heavys de Carnota seráselle aplicado a partires de hoxe o convenio do metal debido a “fondas cuestións de arraigo interior”. A noticia saía onte á luz debido ao despido improcedente dun deles e a posterior denuncia por parte da central sindical galega. “A súas fondas conviccións…