Na final da Copa do Rei proxectaranse as imaxes de Franco e Himmler

A Delegación do Goberno en Madrid impedirá a exhibición de esteladas durante a final da Copa do Rei de fútbol porque “pueden causar violencia” e, para aliviar a situación, decidiu proxectar nas bancadas as imaxes de Franco e Himmler porque “producen 40 años de paz”. A organización colleu a idea das proxeccións que tiveron lugar…

Danlle unha malleira a uns urbanitas por deixar as beiras da empanada

Na tarde de onte un grupo de persoas estaban a comer empanada nun local da vila pontevedresa de Bandeira, famosa polas súas empanadas, cando no momento de pagar o dono deuse conta de que os mozos non comeran os corroscos da empanada e convidounos a rematala. Foi nese momento no que comezou a escaramuza ao responder,…

Emigrantes galegos en Euskadi propoñen chamar á bandeira Galega ‘A kurriña’

Varios colectivos de galegos residentes en Euskal Herria proporán ao Parlamento Galego renomear á bandeira galega. O nome: ‘A kurriña’ Deste xeito queren sellar un vínculo creado entre matrias irmás, labrada tras anos de emigración galega a terras vascas. Así ‘a kurriña’ convertiríase na irmá simbólica da ikurriña enlazando a ambos pobos dunha maneira histórica. “A…

A nova equipación do Deportivo, bandeira galega e estrela

Novos tempos corren polo Deportivo da Coruña, coa marcha de Lendoiro, un soplo de ar fresco corre polos despachos de Riazor. Tal como se anunciou meses atrás, a nova equipación do Deportivo da Coruña, para a tempada 2014-2015, contará cunha bandeira galega. Tratarase da segunda vestimenta, máis a novidade fundamental atópase na inclusión dunha estrela…

Manzaneda alza a bandeira do nacionalismo

O punto máis alto de Cabeza de Manzaneda énchese de estreleiras. Tal como foi aprobado no último pleno, nunha moción presentada polo grupo de Anova – Irmandade Nacionalista no Concello de Manzaneda, onde rexentan a alcaldía, o pico de Cabeza de Manzaneda luce agora media ducia de Bandeiras Galegas ou da Patria. Seis bandeiras estreleiras…