Atopan unha familia de koalas vivindo nun monte veciñal do Barbanza

Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento. Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira. O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba…

Localizan un dos gatos que mexa a Mahou

Un veciño de Ribeira localizou o pasado luns un dos gatos que, segundo el, é dos que mexa a Mahou. Segundo relatou Manoel S.G., autor do descubrimento, foi recoller un gato que se atopaba abandoado na rúa e que parecía que tiña fame e foille levar algo de leite para que comera. “O condenado do ghato…

Atopan un podemita que fala galego

Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…