Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal

“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de…

Os habitantes de Compostela mutarán nos próximos 10.000 anos

Investigadores da USC e do Campus do Mar da Coruña descobren que a forma polimórfica do ADN das e dos habitantes composteláns está a sufrir pequenos cambios debido ao contacto coa auga. Despois de dez anos de investigación, presentábase onte en Compostela o primeiro dossier do informe “PEIXEFRESCUM”, no cal estudosos da universidade de Santiago…