O presentador de cuarto milenio desprazarase ao noso país para tratar de desvelar o misterio que envolve os votos ao Partido Popular xa que todo o mundo nega telos votado pero conseguen maiorías absolutas. Á señora Lorinda aparecéronselle unhas siluetas de Feijoo na cociña ao estilo das caras de Bélmez. O fenómeno aconteceu nas Pereiras,…
Etiqueta: 25S
A nova edición de MasterChef obrigará a cociñar unha enquisa da Voz de Galicia
O famoso concurso televisivo de cociña anuncia que a gran final se decidirá cunha enquisa do diario de referencia de Feijoo. É complicadísimo cociñar unha enquisa coas doses xustas de manipulación, mobilización do propio e desmobilización do contrario do xeito que fai La Voz de Galicia. Tanto é así que á produtora do famoso concurso…
Feijoo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’
O Partido Popular apura as súas promesas electorais e indica que ampliará a caixa benvida con máis cueiros xa que segundo dixo “si gananos, os vais a cagar”. O PP está a subir a intensidade da súa campaña con máis promesas. Agora tócalle ao turno á caixa benvida que lanzou como unha mala imitación da…
O PP promete promesas electorais
Feijoo acaba de presentar o programa definitivo da súa campaña e a medida estrela vai ser prometer promesas electorais. Onte tivo lugar a rolda de prensa na que o Partido Popular amosou a súa estratexia de campaña. Nela, Miguel Tellado e Rueda anticiparon a táctica dos populares para manter a Xunta: as promesas. Deste xeito…
