Jordi Évole fará un especial Salvados sobre o Celta de Vigo

O presentador catalán servira de nexo argumental nun programa que tratará sobre a temporada do equipo celeste. “Salvados” dedicará o seu programa do próximo domingo, que se emite ás 21:30 na Sexta, ao Celta, o equipo de vigués que “xoga que se las pela”. O programa presentado e dirixido por Jordi Évole centrarase nos casos…

Galicia Bilingüe denunciará a Mourinho por falar en reintegrata

A asociación de defensa do castelán Galicia Bilingüe anunciou que presentará unha denuncia ante a Secretaría de Política Lingüística para evitar que haxa personas que “se puedan expresar impunente en reintegracionista”. A noticia trascendeu o día 21 de abril cando Mourinho non quixo responder en castelán aun periodista español. Ante isto a asociación amosouse indignada e…

Javier Gómez Noya participará no próximo barathón de Trives

Javier Gómez Noya, tricampión mundial e de Europa de tríatlon, mostrou hoxe o seu desexo de participar na próxima edición do Barathón de Trives, polo que confía en que a organización logre evitar que coincida coa proba das Series Mundiais que se disputa en Londres. “A miña intención é participar, aínda que coincida con outra…

Roberto Carlos é presentado como novo xogador do Rápido de Bouzas.

Roberto Carlos da Silva, foi presentado como novo xogador do Rápido de Bouzas ante multitude de medios e algúns afeccionados curiosos que non quixeron perderse o evento. Na súa presentación afirmou que “é o máximo” ao que pode aspirar un xogador de fútbol aos seus anos e que espera gañar algún título, polo menos municipal,…

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor

A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña. Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a…

Aparece morto Mexi-llón, a mascota da Volta a Hespaña 2013

A mascota desta edición, 2013, da Volta a Hespaña de Ciclismo, faleceu onte mércores en Vilanova de Arousa, lugar onde comeza a Volta a España ao caer desplomado no medio da rúa. O mexilón, de tan só meses de vida, afastouse da auga e da xente coa que estaba e foi atopado aos poucos minutos…