A urxencias por desgastar o clítoris cun satisfyer


A muller tamén chegou cunha perda de visión dun 75% e con baixo caudal de líquido espinal.

Unha muller foi atendida de urxencia no complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela (CHUS) despois de que chamara aos servizos de emerxencias tras usar un satisfyer durante máis de seis horas seguidas polo que presentaba un cadro de desgaste grave do clítoris por un uso intensivo do xoguete sexual. Segundo transcendeu, a paciente, estudante de dun ciclo de electrónica e electricidade, adaptou o aparato para conectalo directamente á corrente eléctrica. Así conseguía que non se esgotara a batería pero non realizou ven a transformación e o aparato, deseñado para funcionar a 12 voltios, estivo funcionando ese tempo a 220 feito que foi corroborado polos equipos de emerxencia que atoparon o xoguete sexual botando fume.

A equipa de comunicación do CHUS indicou que a muller se atopa en prognóstico reservado porque ademais das lesións na zona xenital a paciente presentaría unha grave perda de visión e unha perda importante de líquido espinal.

As autoridades sanitarias xa valoran incluír advertencias obrigatorias nos xoguetes sexuais do tipo dos que se utilizan nas bebidas alcólicas. O lema podería ser “Succiona con responsabilidade”.

Reaccion de Vox

Vox e varias asociacións de cristiás están a pedir medidas máis duras contra os xoguetes de autoestimulación como poden ser a prohibición e a introdución de imaxes similares as que se utilizan nas caixas de tabaco. “El satisfyer es el fin de las relaciones de pareja y la puerta a la robotofilia. Estamos a un paso de que la gente se folle frigoríficos y tostadoras. Sería el fin de la civilización”, declarou un portavoz da asociación.

2 Comments Add yours

  1. Candi di:

    O xeito de redactar este artígo periodístico, con tanta intriga, fai disfrutar mais, ou eso creo, que un satisfyer, uns 15 minutos de risa,que compón o corpo, gracias polo momento.

  2. RAG doll di:

    Por favor, correxide o texto escribindo ben “ben”.
    Se non quedamos cegas de nos masturbar, farémolo por ler tanta falta de ortografía.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.