Actualidade

O ego de Pablo Iglesias comeza a converterse nun aura


O ego de Pablo Iglesias comenzou a facerse visible o pasado sábado durante a presentación da lista de Podemos.

Na tarde do sábado un halo de luz foi divisado dende a Estación Espacial Internacional e foi localizado en Madrid. Despois de situar ao mundo en alerta Def Con 3, a situación foi desactivada tras descubrirse que a dita luz se trataba do ego de Pablo Iglesias que se estaba a trasformar nun aura dourada que desprendía un raio luminoso que se perdía nas nubes do ceo.

Preguntados varios científicos polo fenómeno indicaron que moitas veces cando o ego e suficientemente denso pode transformarse en masa e, esta, en enerxía o que explicaría o fenómeno producido por Pablo Iglesias.

Pola súa banda, un grupo de fanáticos relixiosos interpretou a aparición da aura de Pablo Iglesias como un signo mesiánico do segundo advento do mesías polo que comezaron a prepararse para a apocalipse correndo en círculos (de Podemos) mentres levaban cucuruchos de papel albal na cabeza. Moitos sinalaban as estelas dos avións do ceo mentres berraban “Chemtrails!” e “Reptilianos!”

Queimaduras de segundo grao

Algunhas persoas presentes durante a intervención de Iglesias tiveron que ser atendidas de queimaduras de segundo grao pola exposición á aura. Os servizos médicos recomendan non achegarse a Pablo nas horas centrais do día ou durante os momentos nos que se veña arriba xa que a intensidade da luz pode ser moi perxudicial para a pel humana. En calquera caso recomendan a utilización de gafas de sol e unha crema solar de protección 50.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.