Pablo Casado e Albert Rivera danse Match en Tinder


Fontes próximas confirman que xa tiveron unha primeira cita coincidindo co día de San Valentín

Os líderes de PP e C’s, Pablo Casado e Albert Ribera, atopáronse na rede social Tinder. Segundo apuntan persoas achegadas os líderes políticos de ámbolos dous partidos, cada un deles, na intimidade do seu baño, sentados no seu trono, decidiron darlle like ao contrario, favorecendo unha situación de match, a cal resolveron cunha primeira cita na tarde de onte, 14 de Febreiro, día dos namorados.

Fontes próximas ós dirixentes políticos sinalaron que a cita tivo lugar nunha cafetería preto do congreso e que durante o transcurso da mesma teceron plans para derrocar a Pedro Sánchez e tamén se deron algún que outro bico.

Na rede social pódense atopar os perfís dos políticos, que figuran da seguinte maneira, tal e como puido acceder TemposGalegos:

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.