En Marea organiza unha palestra sobre proteccion de datos


Despois do éxito acadado pola formación ruturista tras enviar a Julia Torregrosa, deputada cuxo vehiculo, sen seguro, estivo implicado nun accidente de trafico á Comision de seguridade vial e a Paula Quinteiro, trala sua polémica noite compostelá, na que empregou a sua condición de deputada para safar aos seus colegas de liortas policias a unha xornada denominada “Alcol e menores, tempo de solucións”, En Marea ven de anunciar que delega no Comité Electoral a preparación dunha xuntanza sobre ficheiros electrónicos e proteccion de datos, co obxectivo de adaptar a confidencialidade dos datos que manexa a formación á nova normativa europea sobre protección de datos de carácter persoal.

Dende En Marea agardan que a palestra, impartida por membros do Comité Electoral con ampla experiencia e formación na LOPD e no manexo de ficheiros electrónicos, sexa un éxito e non descartan levar a cabo mais actividades deste tipo.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.