Política

Piden que a lapidación e o linchamento público quede recollido no código penal


O novo texto promovido pola dereita tamén recollería os xuízos públicos na praza do pobo.

Os últimos acontecementos acaecidos por mor da desaparición e morte do neno Gabriel relanzan a idea da necesidade de modificación do código penal español, un dos máis duros xa de por si de Europa.

Entre as medidas propostas ata o día de hoxe por diversos colectivos e partidos nomeadamente de dereitas destacan a volta da lapidación ou apedreo público de culpábeis, así como os xuízos públicos nas prazas das vilas ou cidades.

Estes xuízos, tal e como se definen na proposta de borrador, deberían ser levados a cabo polos veciños da zona, concentrados a ser posíbel en forma de turba que mediante gritos alcancen un veredicto ante os feitos que se analicen.

Estas propostas parecen deixar de lado a idea dun endurecemento da cadea perpetua, xa en vigor en España, ante a casuística de que as propias turbas poidan dilapidar e acabar directamente cos presuntos delincuentes ou asasinos, “favorecendo así un aforro nas arcas públicas en concepto de aloxamento e manutención dos presos e presas” tal e como esgrime o texto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.