Reivindican un samaín responsábel xa que as cachuchas son recliclábeis e despois da festa pódense comer.
“Nós non estamos en contra das cabazas pero despois que as aproveiten para facer chourizos”. Así comezaron as declaracións dun grupo de activistas carnívores que celebraron o samaín con cachuchas en lugar de cabazas.
“Imos tentar darlle un aspecto sostíbel á festa do comezo do ano celta. Introducimos unha vela dentro e vanse afumando e así xa as aproveitamos para o entroido ou, se hai moita ansia, para os magostos”, declararon.
Veganos extremistas xa se amosaron en contra do cambio na tradición. “El Halloween te es una fiesta muy nuestra y hay que respetar la tradición. Además es enfermizo utilizar la cabeza de un animal en lugar de utilizar una calabaza para simular una cabeza. Además después se las comerán….”, declararon.