Baltar ficha a Cristiano Ronaldo como porteiro da Deputación de Ourense


O futbolista ocupará o posto de porteiro no edificio Simeón de Ourense.

Baltar posando coa súa nova fichaxe

Manuel Baltar anunciou onte nas súas redes sociais a fichaxe do ano, nada máis e nada menos que a contratación por parte da Deputación Provincial de Ourense do futbolista Cristiano Ronaldo.

A fichaxe, da que aínda non trascendeu a cuantía, será para cubrir un dos numerosos postos de porteiro da Deputación, neste caso no edificio Simeón de Ourense, na rúa do Progreso e próxima ao Pazo Provincial.

A praza de Cristiano, que foi anunciada a pasada semana no BOP, incluía entre os requisitos falar inglés, castelán e galego reintegrado ou portugués e especificaba nas súas obrigas a de sacarse unha foto semanal co presidente Baltar, para que ese suba as súas redes sociais.

Desde o Real Madrid manifestaron a incapacidade de reter ao futbolista portugués nas súas ringleiras, dado á cuantía que a Deputación ofreceu ao xogador en concepto de salario e primas.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.