O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña


Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor.

A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría unha fiestra de oportunidade para o traslado do equipo celeste á cidade herculina. A Marea Atlántica estaría disposta a estudar a venda do estadio de Riazor a Carlos Mouriño o que provocaría que o equipo se trasladase a Coruña.

De darse a citada carambola o equipo pasará a chamarse Celta Deportivo e cambiaría o seu escudo por un novo que representaría a Breogán, mítico rei celta de Galiza, en chándal bolivariano portando o escudo na man esquerda e blandindo a cruz de Santiago coa dereita en sinal de victoria nunha estampa que xa foi criticada polos historiadores máis ortodoxos do país.

O movemento do Celta cara Coruña provocaría unha remodelación completa do mapa futbolístico galego xa que faría desaloxar ao Deportivo que iría a Santiago de Compostela o que provocaría que o Compostela acabara en Pontevedra que, á súa vez, iría a Lugo e este último acabaría xogando en Balaídos o que xa contaría coa bendición de Abel Caballero.

One Comment Add yours

  1. Pringaos's avatar Pringaos di:

    Non se vos da ben imitar a elmundotoday


    https://polldaddy.com/js/rating/rating.js

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.