Xeira gaña a asemblea de Anova por KO técnico


As formacións militantes no partido nacionalista mostraron os principios da confluencia a base de patadas.

A partires da vindeira asemblea non valerá furar.

A asemblea nacional de Anova que transcorreu o pasado sábado na cidade de Pontevedra rematou como mandan os cánones da esquerda nacionalista galega, a ostias e patadas para demostrar que é o que máis defende as teses da unidade popular.

Neste campo, o das coces, foi Xeira, a formación moza da FPG, quen mellor se desenvolveu facéndose finalmente coa victora nunha asemblea que será estudada polas futuras xeracións de loitadores de MMA.

A pesar que durante a xornada da mañá, no debate da tese organizativa se aprobaba unha enmenda que non permitía furar durante as asembleas nacionais, nin locais, está non sería de aplicación ate a vindeira asemblea nacional da formación, o que permitiu á rapazada de Xeira repartir patadas pola espalda para estimular a outros militantes de cara aos futuros procesos confluíntes.

Ao remate da propia asemblea era o responsábel de organización saínte, Rafa Dopico quen aseguraba que “non hai nada como as patadas nos riles para estimular a unidade popular”.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.